O “ EMAS” é un instrumento recoñecido en todos os Estados membros da Unión Europea polo cal se permite que as organizacións se adhiran, con carácter voluntario, a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental para avaliar e mellorar o seu comportamento ambiental, e para difundir a información pertinente ao público e outras partes interesadas.
No Concello de Marín, conscientes da importancia de preservar a contorna e da necesidade de establecer unha política e uns obxectivos ambientais de protección e prevención da contaminación na xestión das praias, está implantado un sistema de xestión ambiental acode ao EMAS.
As actividades desenvolvidas no marco do Sistema de Xestión Ambiental son a seguridade, rescate e primeiros auxilios, limpeza e recollida de residuos, mantemento de instalacións e accesos, servizos hixiénicos e actividades de lecer. Entre as actividades que están dentro do alcance tense en conta tamén o mantemento dos equipos municipais para dar servizo ás praias.
Xa non é a calidade das nosas augas, senón a limpeza dos areais, os servizos, os consumos responsables, a accesibilidade, os métodos de traballo que minimicen os efectos ambientais das actividades de xestión das praias e dos efectos da súa utilización polos usuarios, os que teñen como obxectivo protexer o medio ambiente e reducir a contaminación tanto nas praias como na contorna.
A preparación da campaña estival 2020 tivo o seu inicio no mes de febreiro, no que entre outros, fixáronse os obxectivos a implantar nesta anualidade, cuxo despregamento foi interrompido por la situación de alarma derivada de la pandemia COVID_19. Así, co horizonte no fin do proceso de desescalada, nestes días veñen de ser mantidas distintas reunións de traballo coas concelleiras de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, e de Turismo, Cristina Acuña, para a reconfiguración dos obxectivos prantexados, e para a adopción das medidas precisas para garantir a seguridade contra a pandemia, paralelamente co avance dos traballo de posta a punto dos nosos areais.
As liñas estratéxicas de actuación para 2020 enmárcanse, entre outros, en:
• Incremento da Sostenibilidade: Redución do consumo de auga nas praias, mediante accións de sensibilización dos usuarios en materia de consumo responsable (cartelaría), e avaliación continua de perdas na rede hidráulica
• Mellora da segregación dos residuos xerados nos areais e na sua contorna:
o Incremento da cobertura da recollida selectiva
o Redución da porcentaxe de residuos de recollida manual frente a recollida selectiva, mediante a concienciación dos usuarios en materia de recollida selectiva mediante carteis, convidando a non deixar lixo abandonado e a depositar cada fracción no seu lugar.
• Mellora na segregación de residuos urbanos asociados a canle HORECA no ámbito das praias: convenios de colaboración e dotación de medios dende o Concello
• Adaptación de protocolos de traballo do persoal de socorrismo nas praias, así como as actividades de limpeza aos protocolos derivados da Covid19