O Concello ampliará o horario da Biblioteca as dúas primeiras semanas de xullo
Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos

O Concello ampliará o horario da Biblioteca as dúas primeiras semanas de xullo

Co obxectivo de dar servizo ao estudantado que aínda está en período de exames, a Biblioteca abrirá ata o 12 de xullo de 09.00 a 21.00 horas, ininterrumpidamente, de luns a venres.

Marín, 17 xuño 2024

O Concello de Marín ampliará o horario da Biblioteca Municipal, co obxectivo de ofrecer este servizo ao estudantado que aínda se atopa en período de exames, respondendo así a unha demanda que se viña detectando, xa que ata o momento, desde o 1 de xullo só se abría pola mañá.

Deste xeito, durante as dúas primeiras semanas de xullo, é dicir, ata o venres 12, a Biblioteca abrirá ininterrumpidamente de 09.00 a 21.00 horas.

A pastor do 15 de xullo si que entrará en vigor o horario de verán, de 09.00 a 14.30 horas, que se manterá activo ata o venres 20 de setembro.

Anterior A Mesa Local de Comercio aproba a celebración dunha nova edición do Stock Marín no mes de agosto

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados