O Concello adxudica a Tecmodeco o alumeado de Nadal, que se acenderá o 5 de decembro
O Concello investirá máis de 100.000 euros no alumeado de Nadal

O Concello adxudica a Tecmodeco o alumeado de Nadal, que se acenderá o 5 de decembro

As rúas e prazas da vila xa lucirán coa estampa típica deste período do ano antes da ponte de decembro para que así poidan desfrutarse. A adxudicación realizouse por 100.430 euros

Marín, 10 outubro 2024

A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta tarde á adxudicación do contrato para a instalación do alumeado de Nadal, que estará a cargo de Tecmodeco cunha inversión de 100.430 euros.

O Concello adiantou que será o día 5 de decembro o elixido para acender o alumeado, que se estenderá polas rúas e prazas da vila, tratando de dotar a Marín dese espíritu típico desta época do ano.

Desde a Concellaría de Festas, explican que na licitación primáronse os criterios de sostibilidade, apostando pola implantación de novas tecnoloxías de menor consumo enerxético e alto valor estético, esixindo que o alumeado proposto estivera composto, cando menos, dun 80% de tecnoloxía LED. No que respecta á estética, os elementos deberán ser modernos e harmónicos entre sí, tanto no seu despregue nas rúas e prazas como no ámbito cromático.

Á licitación presentáronse dúas empresas, das que Tecmodeco supuxo a oferta máis vantaxosa para os interses municipais, segundo expuxo a Mesa de Contratación.

Ademais destas características técnicas e estéticas, tamén se regula todo o que ten que ver coa montaxe e desmontaxe das instalacións e o mantemento de todos os elementos durante a tempada de Nadal.

Anterior A alcaldesa recibe ao Comandante do Patrullero “Tabarca”, Pablo Lewicki Basanta, con base na Escola Naval Militar

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados