O Concello acorda coa FAMPA a xestión de varios comedores escolares do municipio

O Concello acorda coa FAMPA a xestión de varios comedores escolares do municipio

A Federación Provincial de Anpas dos Centros Públicos de Pontevedra (FAMPA) acordou co Concello de Marín, de cara ao curso escolar que acaba de comezar, a xestión do servizo de comedor escolar nos centros EEI O Grupo, CEIP A Laxe, CEIP de Seixo e CEIP de Ardán, que son os que quixeron adherirse a este servizo coa FAMPA.

Este medida trata de apoiar aos comedores escolares dos centros que están comezando con este servizo.

Dentro deste convenio, o Consistorio, a través da Área de Educación e Servizos Sociais, dirixida por Marián Sanmartín, realizou obras de acondicionamento nas citadas instalacións educativas para que se poida ofrecer este servizo ao alumnado.

Ademais, sufrágase o 11,5% do custo total para todos os usuarios, unha porcentaxe que se incrementa no caso de familias con algún tipo de problemática social, avaliada previamente polo departamento de Servizos Sociais do Concello.

Máis actividades

Durante o curso, ofertaranse diversas actividades froito desta colaboración entre a Fampa e o Concello, que serán as seguintes:

  • Método Ábaco:
    • Lugar EEI O Grupo
    • Horario Xoves, de 17.15 a 18.45 horas
  • Robótica:
    • Lugar Biblioteca Municipal Vidal Pazos
    • Horario Luns, de 16.00 a 17.30 horas
Anterior A primeira fase de humanización da rúa de Concepción Arenal entra na súa fase final

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados