O Concello, a través do CIM, presenta o Programa de Liderado e Empoderamento feminino

O Concello, a través do CIM, presenta o Programa de Liderado e Empoderamento feminino

O Concello de Marín presentou hoxe a primeira actividade do seu Programa de Liderado e Empoderamento Feminino, unha iniciativa realizada a través do CIM, e que conta cunha subvención da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).
Trátase dun ciclo de conferencias, que inaugurará o doutor en Psicoloxía clínica, pedagogo, escritor e profesor no Centro Universitario Cardenal Cisneros da Universidade Complutense de Madrid, Javier Urra, unha das voces máis respectadas no noso país no mundo da psicoloxía.
A charla, titulada “Igualdade con perspectiva de xénero”, será o 4 de outubro ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal Vidal Pazos e está aberta a todos os públicos. A entrada será de balde ata completar o aforo.
Por outra banda e ao abeiro das axudas da FEMP, o CIM marinense desenvolverá un espazo de formación online, a través dunha plataforma na que se ofertarán módulos formativos en competencias clave en igualdade. Máis adiante, a Concellería ofrecerá máis detalles sobre esta actividade.
Desde o CIM, agradecen a colaboración da FEMP e do Ministerio de Igualdade no financiamento de iniciativas que axuden a promover o desenvolvemento de políticas públicas con perspectiva de xénero, fomentando a igualdade e o empoderamento feminino.

**
Na páxina web de Javier Urra pode consultarse detalladamente a súa biografía: https://www.javierurra.com/index.php/biografia/  

Anterior Máis de cen nenos e nenas matriculáronse este curso na Escola Municipal da Música Vidal Pazos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados