24 xullo 2021
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor traspasa fronteiras. A guía francesa Petit Futé, na edición que lle adica a Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León, inclúe a nosa estación arqueolóxica polo seu interese e riqueza patrimonial.
Non é a primeira vez que esta publicación recolle o CIP de Mogor dentro dos plans propostos para o turista francés. De feito, tal e como indican desde a empresa encargada da xestión do centro, dentro da fracción de visitantes estranxeiros, os franceses destacan sobre outros lugares.
A guía pode consultarse aquí: https://boutique.petitfute.com/galice-asturies-cantabrie-castille-et-leon-2021-2022.html?origine=petitfute#xtor=EPR-365
Horario de verán do CIP de Mogor
Ata o 12 de setembro, lembrar que o centro de interpretación está aberto de martes a domingos de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas. Ademais, hai visitas guiadas de 30 minutos ás 12.30 e ás 20.30 horas, sen necesidade de reserva.
Por prevención pola Covid-19, o aforo interior do centro é de 8 persoas.