O CIP de Mogor, Marín a Pé, a Finca de Briz… todos os plans que Marín ofrece para un turismo seguro

O CIP de Mogor, Marín a Pé, a Finca de Briz… todos os plans que Marín ofrece para un turismo seguro

31 marzo 2021

O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor é unha aposta turística e cultural que pode ser clave nos plans de Semana Santa da cidadanía galega. Aberto todos os días até desde o sábado 27 de marzo até o 4 de abril, o CIP é un espazo no que aprender sobre arqueoloxía e sobre os nosos antepasados, o seu xeito de vivir e deixar pegada no mundo.

O centro está aberto ao público en xeral de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas, con visitas guiadas de 30 minutos entre as 12.30 e as 19.00 horas.

Nestes últimos días xa se notou unha ampla afluencia de persoas interesadas en gozar dos petróglifos e de toda a contorna natural de Mogor.

 

Máis opcións verdes: gozar de Marín a Pé

Para os amantes do sendeirismo, nada mellor que gozar das rutas de Marín a Pé, que poden consultarse tanto na web do Concello como a través da conta sendeirismomarin de Wikilok.

A beleza e calidade ambiental dos roteiros da nosa vila vese reforzado polo distintivo que teñen tres destas rutas como Sendeiros Azuis de Marín (a das praias, a dos 5 miradoiros e a de montes e praias).

1.- Ruta dos 5 Miradoiros: un traxecto que supón a descuberta dos grandes miradoiros do noso municipio, cambiando a perspectiva desde a que coñecer Marín. Ten unha dificultade media, unha lonxitude de 7 quilómetros e un tempo estimado de realización de 3 horas.

2.- Roteiro das Praias: toda a costa de Marín nunha única ruta, desde Portocelo até o Santo, con lugares únicos que son recoñecidos con distintivos ambientais como a Bandeira Azul. O nivel de dificultade é medio e supón unha ruta perfecta para realizar con toda a familia. A súa lonxitude é de 8 quilómetros e un tempo estimado de realización de 2 horas.

3.- Roteiro dos Montes e Praias: definida como a gran ruta de Marín, permite a aqueles que a fan descubrir todo o patrimonio escondido entre os montes da nosa vila: muíños, mámoas, menhires… A isto súmanselle unhas vistas únicas da ría desde as alturas. A dificultade é media-alta e supón algo máis de esforzo por parte do sendeirista.

4.- Roteiro do Monte Penizas: percorrido lineal ata o cumio do Monte Penizas, pasando polas trincheiras da Escola Naval e puidendo ampliar ata Santomé de Piñeiro.

5.- Roteiro de Subida ao Lago: o lago de Castiñeiras, un dos pulmóns verdes de Marín, agarda ao sendeirista ao final da ruta en ascensión polo río Lameira.

Finca de Briz, un espazo espectacular para visitar en familia

Marín tamén ofrece espazos inigualables no seu casco urbán, como é a Finca de Briz. Este espazo, que se atopa no medio da vila, está especialmente pensado para o goce familiar, con xogos de auga e de lecer para nenos e nenas.

Ademais, as figuras que se poden atopar espalladas por todo o parque dan aínda máis realce ao espazo: unha xirafa enorme, lapis de colores, unas notas de música, unha ra, unha fada…

Por estas cousas, a Finca tamén recibe o nome de Parque dos Sentidos.

Anterior O Concello tramita a denuncia contra o okupa que realizou un empalme ilegal ao subministro de luz en Concepción Arenal, estragando parte da instalación

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados