O CIP de Mogor abrirá en Semana Santa e retomará as súas tradicionais visitas nocturnas cara o verán

O CIP de Mogor abrirá en Semana Santa e retomará as súas tradicionais visitas nocturnas cara o verán

23 marzo 2021

O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor é un dos espazos máis importantes a nivel turístico do noso Concello e por iso estará aberto durante a Semana Santa, para que os amantes da cultura arqueolóxica poidan coñecer máis sobre os petróglifos da nosa vila.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, informou de que o espazo estará aberto entre o 27 de marzo e o 4 de abril. Despois, volverá pechar as súas portas até iniciar a tempada de verán, que irá do 12 de xuño ao 12 de setembro.

O horario de apertura do centro será de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas, todos os días da semana excepto o luns. Neste horario haberá visitas guiadas, tanto pola mañá como pola tarde.

A iso, súmanse as visitas nocturnas que ano tras ano son un éxito, e que se levarán a cabo nos meses de xullo, agosto e setembro, en venres alternos ata un total de 6, entre as 22.00 e as 23.00 horas, como horario de referencia, para adaptarse ás condicións de luz, e que estarán dirixidas por un arqueólogo.

Por suposto, estas medidas realizaranse tendo en conta sempre as restricións sanitarias derivadas da pandemia, mantendo todas as limitacións de aforo que existan.

 

 

Anterior O Concello prepara o novo calendario de desbroces dos camiños do rural

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados