O CIM de Marín fai balance da súa actividade durante o 2020

O CIM de Marín fai balance da súa actividade durante o 2020

O CIM de Marín cumpre un importante labor de apoio e asesoramento, do que cada ano se fai un balance para poder coñecer como é a situación na nosa vila da muller e das vítimas contra a violencia de xénero.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, analizou esta mañá os datos que se corresponden co 2020, un ano que foi diferente a todos os niveis pero no que, a pesar de todo o vivido, a lacra da violencia machista non cesou e foi máis necesario ca nunca seguir prestando estes servizos asistenciais con calidade e eficacia.

De feito, este 25N o Concello decidiu outorgar os Premios Lazo Violeta a todos os departamentos e unidades de distintas administracións que están incluídas cando é preciso actuar nun caso de violencia machista, xa que o seu traballo foi moi importante durante a pandemia.

A nivel dos datos, segundo os aportados polo propio CIM, entre o 1 de xaneiro e o 14 de decembro de 2020 atendéronse 906 consultas de todo tipo: 186 de asesoramento xurídico, 444 de atencións psicolóxica e 167 de atención directa a vítimas de violencia machista, onde se inclúen tanto cuestións xurídicas como psicolóxicas e a atención derivada doutros servizos ou entidades.

Finalmente, tamén se informou en 92 ocasións dos distintos recursos, xornadas e actividades que realiza o Concello a través do CIM. No que respecta aos recursos, este ano o CIM tamén deu un paso adiante no seu labor de visibilización e de divulgación, abrindo unha nova páxina web na que se poden consultar moitos recursos sobre igualdade (www.cimdemarin.es).

Perfil de usuaria

Segundo os datos recompilados nas distintas actuacións, o perfil de usuaria do CIM é unha muller de entre 25 e 54 anos, sobre todo, que en moitas ocasións ten persoas dependentes ao seu cargo.

Tamén destaca que en moitas ocasións non teñen fillos e sobre todo son do ámbito urbano, aínda que tamén hai algún rexistro a nivel rural.

Anterior As portas artísticas de María Sancho xa penduran das paredes do Museo Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados