15 outubro 2021
A concelleira Cristina Acuña visitou recentemente o Cemiterio da Raña, onde vén de rematar a obra de construción dun novo columbario e de oito panteóns, que permiten a ampliación do camposanto e que foi realizada pola empresa Acevi.
En total, dotouse ao cemiterio de 80 novos pequenos nichos no columbario, cunhas dimensións de 50 cm de alto, 50 de ancho e 97 de longo. A maiores, dotouse a cada un dos 8 panteóns de 28 nichos. Os traballos ascenderon a un inversión de 70.000 euros.
Por outra banda, no que respecta ao columbario que xa estaba, realizouse unha reforma da súa cuberta, para crear unha zona resgardada das inclemencias meteorolóxicas.
A superficie construida da nova cuberta será de 18 metros cadrados, cunha altura máxima de 3,72 metros. A inversión concreta desta actuación foi de 8.923,87 euros.