O CEIP de Ardán celebra 30 anos da súa renovación

O CEIP de Ardán celebra 30 anos da súa renovación

Xa pasaron 30 anos desde que o CEIP de Ardán renovou completamente as súas instalacións e iniciou unha nova época na súa andaina educativa, despois da loita por parte dos veciños e das nais dos alumnos para o que o colexio se mantivera aberto.
Hoxe pola mañá, a comunidade educativa desta parroquia marinense celebrou estas tres décadas de vida, cunha emotiva xornada festiva na que participaron alumnos, pais, nais e mestres do alumnado actual e de promocións antigas.
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, tamén participou do sentido acto, asegurando que neste centro “nótase a unión e as ganas de levar a cabo proxectos adiante”. Na mesma liña se foron pronunciando as diversas persoas que interviñeron, que tiveron palabras de agradecemento para aqueles que loitaron polo CEIP e, en xeral, para todos os que conseguen manter en activo “e ofrecendo unha educación de calidade” os centros do rural.
O grupo de gaitas de Carballido amenizou a segunda parte da xornada, que grazas ao bo tempo da mañá puido celebrarse no patio do centro. Alí, a Ampa encargouse de ofrecer queixo e membrillo, empanadas, chourizo e outros petiscos, aos que hai que sumar a presenza do castañeiro.

Anterior Os novos baños da Praza de Abastos estarán listos a próxima semana

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados