03 abril 2021
A parcela cedida polo INVIED ao Concello de Marín fronte ao Centro de Saúde para a creación dun
novo aparcadoiro público estará habilitada para o uso a partir da próxima semana.
Tal e como explicaron fontes municipais, desde o venres iniciáronse os labores de desbroce da finca e
nestes días continuarse co seu adecentamento, prestando especial atención ao reforzo dos muros para
garantir a seguridade.
Está previsto que a finais de semana se realicen os traballos de formigonado. En total, entre as tres
parcelas cedidas polo organismo estatal, o Goberno local conseguiu 40 novas prazas de
estacionamento nesta zona, tan utilizada polo movemento que xera o propio centro asistencial