O alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Concello de Marín I comezou a súa formación en Prevención de Riscos Laborais, unha materia na que estarán centrados ata o 19 de febreiro e coa que se pretende dar resposta aos requirimentos da lexislación vixente en materia laboral sobre prevención de riscos laborais, tendo por obxectivo que o alumnado-traballador saiba detectar os factores de risco no posto de traballo, comprender os danos que poidan derivarse da actividade laboral, coñecer as distintas patoloxías profesionais, e prever a súa posible solución.
Esta será a primeira formación transversal que se levará no marco do Obradoiro de Emprego Concello de Marín I, que deu comezo o pasado día 13 de decembro. Seguirán a esta acción, as formacións transversais en Sensibilización Ambiental e Manipulador de Alimentos, tamén neste mes de febreiro, todas elas desenvoltas na aula CEMIT do Concello de Marín.
Co Obradoiro de Emprego Dual que se está a desenvolver na nosa vila créase unha oportunidade de inserción no mercado de traballo para todas aquelas persoas que a día de hoxe son usuarias do obradoiro, xa que sairán cunha titulación e unha formación que lles permitirá ser máis competitivos unha vez rematen.
Este programa é posible grazas á axuda da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa financiación do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil.