O alumnado da EEI O Grupo, protagonistas dunha exposición no Museo Torres

O alumnado da EEI O Grupo, protagonistas dunha exposición no Museo Torres

4 xuño 2021

O alumnado da EEI O Grupo adentrouse nos últimos meses do curso na vida e na obra do pintor Manuel Torres. Con ese traballo, estimulouse a capacidade creativa dos rapaces, cuxo resultado se poderá ver no Museo Manuel Torres a partir do martes, día 8 de xuño.

Dentro esta preparación, os alumnos visitaron hai un tempo as instalacións museísticas para ver in situ as obras que reproducirían despois na escola. Os de 3 anos elixiron o debuxo “Dúas mulleres” e os cadros “Rapaza” e “Barcos de vela”. Os de 4 anos decantáronse tamén por “Dúas mulleres” e sumaron “Montes de Beariz”, “Praiolos” e “Bosque”. Os de 5 reproduciron tamén o debuxo común e “Autoretrato”, “Bodegón I”, “Bodegón II” e a escultura “Cabeza de neno”.

Como indican desde o propio centro, a creatividade, a espontaneitadade libre de prexuízos e a curiosidade constante permítenlle aos nenos e nenas ser libres para recrear as obras que contemplar por primeira vez, sen preocuparse por indagar na finalidade dos orixinais. “Simplemente déixanse sorprender polo que observan e plasman o que lles suxire nese momento a obra”, explicou a concelleira Itziar Álvarez.

Para a montaxe desta exposición, o Museo permanecerá pechado ata o mesmo martes. A mostra estará dispoñible durante 15 días.

Anterior Normas de Obligado Cumprimento para Realizar Cacharelas en S. Xoán e S. Pedro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados