Novas reúnese coa Asociación de Veciños Alborada para analizar as demandas da veciñanza da zona

Novas reúnese coa Asociación de Veciños Alborada para analizar as demandas da veciñanza da zona

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, estivo reunido coa directiva da Asociación de Veciños Alborada, que congrega á veciñanza dos núcleos de Arealonga, Souto do Carragal, Bravos, Casal e A Laxe.

A súa presidenta, Lupe Malaquías, trasladoulle ao edil todas as necesidades e peticións que ten a poboación da zona, das que Novas tomou despois de velas in situ, “xa que é a forma de poder comprobar cada unha delas e así ir acometéndoas a medida que sexa posible, no caso das de menor índole coa Brigada Municipal, e outras a través dos convenios ou contratos que sexan precisos”, explicou o concelleiro.

Sobre todo, as melloras solicitadas pola veciñanza para a zona teñen que ver coa seguridade viaria nalgúns tramos, con posibilidade de melloras en estradas, e coa colocación de novo mobiliario público, sobre todo bancos, en zonas tan visitadas como o parque infantil, que ten un entorno privilexiado polas vistas.

Desde o Concello, afirman a enorme importancia que ten reunirse cada certo tempo cos colectivos veciñales para poder coñecer de cerca cales son as necesidades máis claras que teñén os núcleos e poder consensuar con elas un plan de acción realista para ir mellorando.

Anterior O concelleiro de Facenda defende a mínima suba de impostos no Pleno da Corporación

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados