O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, estivo reunido coa directiva da Asociación de Veciños Alborada, que congrega á veciñanza dos núcleos de Arealonga, Souto do Carragal, Bravos, Casal e A Laxe.
A súa presidenta, Lupe Malaquías, trasladoulle ao edil todas as necesidades e peticións que ten a poboación da zona, das que Novas tomou despois de velas in situ, “xa que é a forma de poder comprobar cada unha delas e así ir acometéndoas a medida que sexa posible, no caso das de menor índole coa Brigada Municipal, e outras a través dos convenios ou contratos que sexan precisos”, explicou o concelleiro.
Sobre todo, as melloras solicitadas pola veciñanza para a zona teñen que ver coa seguridade viaria nalgúns tramos, con posibilidade de melloras en estradas, e coa colocación de novo mobiliario público, sobre todo bancos, en zonas tan visitadas como o parque infantil, que ten un entorno privilexiado polas vistas.
Desde o Concello, afirman a enorme importancia que ten reunirse cada certo tempo cos colectivos veciñales para poder coñecer de cerca cales son as necesidades máis claras que teñén os núcleos e poder consensuar con elas un plan de acción realista para ir mellorando.