O Concello coloca unha nova gaiola no Multiusos da Praza para o control de pombas e gaivotas

O Concello coloca unha nova gaiola no Multiusos da Praza para o control de pombas e gaivotas

Este método incruento e sostible permite evitar problemas de salubridade, despois de que nesta zona se detectasen incidencias nestes últimos meses.

Marín, 10 febreiro 2025

O Concello de Marín leva anos encargando o servizo gratuíto, incruento e sostible de control poboacional das pombas e gaivotas patiamarelas no centro urbano, para evitar problemas de suciedade e salubridade, garantindo unha convivencia con estas especies.

Neste sentido, nos últimos meses a empresa encargada xestión deste servizo recibiu numerosas incidencias na zona da Praza de Abastos, polo que desde o Concello solicitouse a colocación dunha nova gaiola de captura ao vivo, que desde hai uns días está no tellado do Multiusos e da que se espera que reduza a presenza especialmente de pombas neste entorno. A maiores, hai dúas gaiolas máis, unha colocada no Hotel Libertad e outra na Rúa Outeiro.

Desde agosto do ano 2024 e ata o pasado mes, ademais do control quincenal que se fai nestes espazos de captura, retirando as pombas e realizando o mantemento preciso, a empresa atendeu 105 reclamacións, 77 correspondentes a gaivotas e 28 a pombas.

Tal e como precisa a empresa, destas incidencias hai 5 activas na actualidade, despois da realización de 93 visitas, nas que se revisaron 72 tellados e retiráronse 5 exemplares adultos de gaivota e 160 pombas, 73 nidos de gaivotas, 8 de pombas, 23 ovos de gaivota e 1 de pomba e 31 crías de gaivota e 6 de pombas.

Desde o Concello, seguirase traballando para que este servizo funcione o mellor posible e lembran que calquer veciño, veciña ou comunidade que o queira, poide solicitar de forma gratuíta a revisión do tellado, chamando ao 620 00 28 64 en horario de luns a venres, de 08.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Anterior O Concello realiza unha obra de mellora da accesibilidade na Rúa Don Ramón Pintos Lusquiños

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados