Sae unha nova convocatoria de axudas de case 200.000 euros para a rehabilitación de vivendas e edificios nas Zonas ARI de Marín
Zona vella

Sae unha nova convocatoria de axudas de case 200.000 euros para a rehabilitación de vivendas e edificios nas Zonas ARI de Marín

As bases acaban de aprobarse e sairán publicadas nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia. O casco histórico e a Banda do Río Lameira son as zonas beneficiadas por ser Áreas de Rehabilitación Integral e as actuacións centraranse na mellora da eficiencia enerxética

Marín, 02 outubro 2024

Boas novas para o parque de vivenda do Concello de Marín. Esta mañá, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, presentou en Comisión Informativa a aprobación das bases dunha nova convocatoria de axudas destinada a vivendas e edificios ubicados no ARI de Marín, é dicir, o Casco Histórico e a Banda do Río Lameira.

En total, son 193.580 euros que permitirán aos beneficiarios rehabilitar os seus inmobles, centrándose na mellora da eficiencia enerxética, o que permite un importante aforro para as familias así como unha mellora sustancial da comfortabilidade dos seus fogares.

As bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nos próximos días, cun prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de novembro. As axudas máximas por vivenda dependerán da porcentaxe de aforro enerxético que se consiga coa obra de rehabilitación, tendo as seguintes correspondencias:

● Entre un 30-45% de aforro: ata 8.100 euros de axuda máxima por vivenda
● Entre un 45-60%: ata 14.500 euros de axuda máxima por vivenda
● Más de un 60%: ata 21.400 euros de axuda máxima por vivenda

Ademais, no caso de que tamén se retire amianto, a axuda poderá incrementarse a axuda en 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio.

Santos considera que esta é “unha oportunidade fantástica para moitas persoas que precisan rehabilitar as súas vivendas cunha visión clara de melloría da calidade de vida. A eficiencia enerxética a día de hoxe é básica nos fogares e par acadala temos que poñer todas as administracións da nosa parte, posto que redunda nunha mellora colectiva do parque inmobiliario”.

Para poder consultar información sobre esta e outras convocatorias, así como para revisar qué rúas de xeito específico forman parte da Zona ARI, é posible entrar nesta ligazón.

Anterior COMUNICADO OFICIAL DO CONCELLO DE MARÍN RESPECTO Á PISCINA MUNICIPAL

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados