Negocios que pasan de pais a fillos

Negocios que pasan de pais a fillos

Non hai mellor mestre ca un pai, así que que mellor se é el que nos ensina como exercer unha profesión tan bonita como rexentar un comercio local no propio pobo do que é un.

Por iso, o Concello, a través de Marín en Rede, quixo homenaxear por este día, que se celebra mañá, a dous exemplos claros na nosa vila desta situación: Comercial Sarles e Pajarería Evaris, dous comercios locais que conseguiron preservar o seu legado.

Elisardo leva coa súa tenda aberta máis de 50 anos. Con ubicación en Jaime Janer, 49, Comercial Sarles é un comercio adicado á venda de materiais de construción, baños, azulexos, pavimentos, loza sanitaria… Despois de tanto tempo á fronte e atendendo da mellor das maneiras aos marinenses e visitantes que consumían no seu establecemento, Elisardo deu un paso a un lado e legou o seu proxecto profesional á súa filla, Victoria, á que hoxe a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, lle entregou a imaxe da campaña de recordo.

No caso da Pajarería Evaris, temos un nome común. Jose Manuel, pai, conseguiu que Jose Manuel, fillo, se sumase ao seu establecemento, que leva máis de 40 anos ofrecendo confianza e excelencia aos seus clientes. Evaris sitúase en Secundino Lorenzo, 29, xunto á Praza de Abastos, e teñen todo o que se precisa

para   as   nosas   mascotas:  alimentación, complementos hixiénico-sanitarios, accesorios…

Evaris e Sarles, dous exemplos de que non hai nada mellor para celebrar o Día do Pai que amor e comercio local!

Anterior Marín contrata a unha persoa de atención ao turista durante o verán de 2023 para a Caseta de Turismo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados