Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero

Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero

Reunión da Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero do Concello de Marín. Este organismo de traballo leva funcionando dende o ano 2005 e está formada por profesionais da UFAM da Comisaría de Marín, representantes da Policía Local, a traballadora do centro de saúde de Marín, a xefa da Área de Violencia de Subdelegación do Goberno, técnicas municipais de Servizos Sociais e o CIM, a Concelleira de Benestar Social Marián Sanmartín, un representante do Ilmo Colexio de Avogacía de Pontevedra en Marín, as técnicas do PIF municipal e representantes dos centros educativos do municipio.

Na orde do día da convocatoria tratóuse un único punto referido ás achegas do Fondo do Pacto de Estado e Violencia de Xénero ao Concello de Marín. Según os critérios de reparto dos fondos a Marín concedéronlle 21.218,79.- € para destinar a realización de proxectos e programas que teñan como finalidade o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, aprobado polo pleno do congreso dos diputados, o 28 de setembro de 2017.

Acordóuse trasladar a información do Pacto de Estado aos Centros Educativos pois conteñen medidas específicas que poden levar a cabo dentro da comunidade educativa.

Na reunión achegáronse ideas sobre as necesidades das mulleres que padecen violencia de xénero detectadas por cada profesional que participa na mesa de traballo coas que se poden desenvolver proxectos axustados a elas.

A próxima reunión quedou fixada para o 18 de xuño as 13h.

Anterior (Actualizado 31-01-19) Actividades Aula CEMIT

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados