Membros da Policía Local de Marín acudiron hoxe durante mañá ao Museo Manuel
Torres a unha xornada formativa, na que foron instruídos sobre a normativa e a regulación
dos VMP, coñecidos popularmente como patinetes eléctricos.
Esta formación axudará aos axentes da Policía Local marinense a saber actuar ante a
aparición destes novos aparellos, que proliferan polas rúas cada día e que, segundo
indican desde a Policía “provocan novos problemas entre os seus usuarios, os peóns e os
vehículos a motor”.
A normativa respecto a estes patinetes aínda é confusa e diversa, polo que o usuario
moitas veces non sabe como ten que actuar ou que requisitos debe cumprir. De feito, tal
e como indica o corpo de seguridade, “nalgúns casos incluso pode requerirse de permiso
de conducir e documentación para poder circular”. Noutros casos, o tipo de aparello
impide a súa utilización pola vía pública.
No que respecta a Marín, só poden circular polo Concello aqueles que teñan
consideración de xoguetes, é dicir, aqueles que non superen os 6 quilómetros por hora.