A concellería de turismo e comercio do Concello de Marín que xestiona Cristina Acuña está levando a cabo estos días a inversión que foi solicitada á Xunta de Galicia para actuar na mellora dos mercados e reforzar as zonas comerciais.
Esta axuda conlevaba a mellora dos tellados nos patios norte e sur da Praza de Marín tendo en conta que se levou a cabo a reposición, limpeza e acondicionamento destas superficies, coa colocación e limpeza das tellas e reposición das que estaban rotas.
Esta actuación xa finalizou e na petición de axuda incluíase a mellora nas fachadas de distintos baixos que están sen actividade e se precisa tal e como se realizou fai anos un acondicionamento que xenere unha mellor imaxe e ó mesmo tempo recree fotos de paisaxes do noso concello.
Esta actuación estase levando a cabo e nalgúns puntos xa están colocados, tratando de expandir estas zonas a lugares que ademáis estaban nalgúns casos moi deteriorados, abandonados e que estaban situados moitas veces en zonas moi frecuentadas e comerciais ofrecendo unha mala imaxe de suciedade e de falta de ornato público.
Esta actuación finalizarase nos próximos días tal e como se informou á Mesa Local de Comercio que o Concello de Marín reuniu nos pasados días.