Melloras no acceso o Castro da Subidá

Melloras no acceso o Castro da Subidá

Logo de seis anos dende a súa construción, o sendeiro de acceso ao conxunto arqueolóxico exposto na parcela municipal do castro de “A Subidá”, precisaba dunha intervención de mantemento. A forte pendente do terreo provocou que se degradaran algunhas das táboas que delimitan a senda, a superficie desta e tamén a varanda que serve de apoio no tramo de maior dificultade.Por outra banda, nestes anos se puido comprobar como moitos visitantes saben polo camiño que xa existía antes do sendeiro e que orixinou a necesidade deste, a fin de dispor dun acceso cunha pendente menos forte.

A fin de solucionar todos estes problemas, realizouse unha actuación de reparación do sendeiro e instalación dun panel que indique o acceso.

A reparación do firme foi aproximadamente de 100 metros de lonxitude. Tamén se realizou a limpeza dos bordes do sendeiro e de sedimientos nas cunetas do sendeiro para circulación das augas pluviais, substitución das táboas deterioradas que conforman o borde do sendeiro, e arranxo do solo.

A Varanda de seguridade foi reparada e reforzados os seus ancoraxes.

Tamén se renovaron os indicadores de acceso, seguindo a imaxe corporativa e o logo do Castro, cunha altura total do panel de 1 m, de xeito que sexa ben visible pero sen unha presenza excesiva.

Anterior Renovación no bombeo de Mogor

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados