Loita contra a vespa velutina

Loita contra a vespa velutina

A loita contra a vespa velutina leva librándose desde o 2012 na nosa comunidade. En Marín, a asociación Depolgal colabora co Concello na eliminación desta praga, ademais de apoiarse no servizo da Xunta de Galicia que, a través do 112, retira os niños nos lugares nos que van aparecendo, polo que é preciso que os veciños chamen a este número sempre que identifiquen un.

Unha das cousas máis importantes que destacan desde a asociación é a necesidade de actuar de xeito colectivo, especialmente na prevención, colocando trampas nas que poidan caer as raíñas, para así frear a proliferación de exemplares desta vespa invasora.

Neste vídeo, podes aprender a facer as túas propias trampas e poñer o teu grao de area na loita contra a velutina!

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados