Hortas urbanas do Sequelo
Haga click para desplegar
Na contorna do Sequelo, contamos coas nosas Hortas Urbanas Ecolóxicas, unha alternativa de ocio saudable para aqueles veciños que se interesen pola agricultura tradicional e ecolóxica, actividade que ven dando os seu fruto dende o ano 2012 na zona posterior do pavillón do Sequelo, con gran éxito entre a poboación.
As hortas urbanas están concebidas como un sistema que permite o cultivo individual de pequenas parcelas de terra de forma tradicional mediante o emprego de técnicas de cultivo ecolóxico, quedando prohibida a utilización de calquera elemento químico, ben sexa fitosanitario, herbicida ou abonado.
O proxecto pretende fomentar esta actividade lúdico-educativa de desenvolvemento sostible, na que os veciños tomen unha parte activa.
Cantas hai?
Existen 71 parcelas, que se reparten do seguinte xeito:
- 40 hortas para persoas xubiladas ou pensionistas
- 15 hortas para persoas en paro que non reciban prestación por desemprego
- 12 hortas para a veciñanza en xeral
- 4 hortas para persoas con discapacidade (≥33%) ou que demostren intolerancias químicas.
Como se conseguen?
As parcelas están cedidas para o uso ás persoas que se presentan ao concurso. As cesións son por catro anos e actualmente está vixente a de 2019.
Próximo concurso → decembro de 2023