Declaración e certificacións ambientais
Haga click para desplegar
Coidar o noso medio ambiente e levar a cabo políticas públicas de fomento da sostibilidade é esencial, máis aínda nun municipio coma o noso, rodeado dunha contorna natural envexable que debemos coidar e preservar.
Por iso, a auditoría e o control sobre a situación medio ambiental da vila é un eixo coidado desde o Concello. Aquí podes consultar as declaracións e certificacións ambientais vixentes:
1.- Declaración ambiental do Concello de Marín
Mellorar a sostibilidade do turismo e unha relación respectousa co Medio Ambiente son dous obxectivos importantes que persegue o Concello. Nesta publicación atoparás as liñas estratéxicas a as melloras permanentes acadadas no contexto medio ambiental da xestión das praias.
2.- Certificado do sistema de xestión conforme á Norma do Sistema de Xestión Medioambiental ISO 14001:2015
Esta normativa é a encargada de recoller a importancia crecente da xestión ambiental ao longo dos procesos de xestión xeral das administracións e das entidades privadas, proporcionando un marco regulador sobre o que trazas as accións medio ambientais.
3.- Renovación da adhesión ao sistema de xestión e auditoría medioambiental
Notificación oficial da renovación do noso Concello a este sistema de xestión por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
BANDEIRAS AZUIS
Todas as praias de Marín renovan ano tras ano as súas Bandeiras Azuis, acreditando o importante labor medio ambiental que se realiza nelas, así como o importante esforzo inversor se realiza para mantelas no mellor estado posible.
Cada ano, a ADEAC (encargada de asignar as Bandeiras Azuis) realiza unha auditoría para comprobar que efectivamente se segue cumprindo con todos os requisitos esixibles para que siga ondeando o pano azul sobre os areais.
SENDEIROS AZUIS
O Viario de Praias é un espectacular percorrido polo noso litoral, un cinturón con aroma salgado e verdes árbores que o percorren que foi declarado pola Adeac como Sendeiro Azul.