Medidas adoptadas polo Comité de Saúde e Seguridade ante a situación sanitaria provocada polo coronavirus

Medidas adoptadas polo Comité de Saúde e Seguridade ante a situación sanitaria provocada polo coronavirus

Ante a situación de propagación do Covid-19, o Concello de Marín tomará unha serie de medidas, en paralelo ás anunciadas pola Xunta de Galicia esta mesma mañá e co obxectivo de con- ter os contaxios, sempre desde a calma e desde a responsabilidade colectiva ante este panora- ma sanitario excepcional.
Para tomar estas medidas, convocouse de urxencia un Comité de Seguridade e Saúde, que estivo conformado polos tres delegados de prevención designados pola Xunta de Persoal, tres re- presentantes do Goberno local, nas persoas da alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín, e a delegada de Fremap que xestiona as cuestións relacionadas ca prevención no Concello de Marín.

Peche de centros públicos
Como primeiras medidas de anticipación preventiva, o Concello anuncia o peche temporal de:
– O Museo Manuel Torres
– A Biblioteca Municipal Vidal Pazos e Aula CeMit
– A Casa de Cultura de Seixo e a de Mogor
– Escola Municipal de Música
– A Cámara Agraria
– O Local Social de Cantodarea
– As instalacións de Cultura na Rúa Méndez Núñez (onde actualmente están ubicadas as oficinas do ARI)
– O Local do Parque Azul
– O Local Social da Cañota
– O Local Social de Pardavila
– O Local da Barriada de Mogor
– As instalacións deportivas
– Os locais da Finca de Briz

Medidas preventivas para o persoal do Concello
Colocáronse guías explicativas nos espazos públicos do Concello cas indicacións xerais de hixiene recomendadas polas sociedades científicas e o Ministerio de Sanidade.
Tamén se porán a disposición do persoal do Concello dispensadores de solución hidroalcohólica. A plantilla deberá reforzar as medidas de hixiene realizando lavados de mans frecuentes, así como cumplir cas medidas xerais cando se dean episodios de tos e de estornudos.

Manteranse tamén limpos e desinfectados os equipos e utensilios de traballo, reforzarase a limpeza diaria, tendo maior precaución nas zonas de maior contacto co público.
Con respecto ás citas que estaban concertadas con algúns departamentos, aconsellarase á cidadanía a utilización de medios telemáticos e telefónicos sempre que sexa posible, ou de cancelalas se é que se pode.
Na medida na que sexa posible e con previa solicitude, poderá instaurarse o teletraballo.
Comunicación á cidadanía
Tanto a web oficial do Concello de Marín como as redes sociais publicarán todas as recomendacións dirixidas á cidadanía e toda a información relativa ao coronavirus que afecta ás institucións a nivel local.

Actos de marzo e abril: aprazados

Anterior Unha recollida de “basuraleza” ca que concienciar da necesidade de coidar as contornas naturais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados