A iniciativa, impulsada polo Concello de Marín, nace da necesidade de dotar ao comercio e á hostalaría de novas ferramentas coas que mellorar a súa presenza na web, dadas as circunstancias derivadas da crise do #COVID19 e dos novos hábitos de consumo.
A web aínda está en construción, pero xa se poden seguir os perfís de Facebook e Instagram e os negocios da vila poden encher un formulario cos seus datos para darse de alta no directorio e formar parte das campañas.
Formar parte de Marín En Rede é totalmente gratis. Só tes que cubrir o formulario.
[button link=”https://www.marinenrede.com/altas/” size=”large” color=”blue”]FORMULARIO ALTA[/button]