MarínAccesible, unha campaña do Concello xunto á Asociación Os Nosos Dereitos

MarínAccesible, unha campaña do Concello xunto á Asociación Os Nosos Dereitos

Un Marín máis accesible, no que eliminar as barreiras arquitectónicas e no que todas as persoas poidan ter oportunidade de desfrutar de todo o que ofrece a vila. Ese é o obxectivo da accesibilidade universal, na que desde o eido público local o Concello traballa con cada humanización ou mellora, como por exemplo o ascensor do Museo Manuel Torres.

Pero tamén os locais do noso municipio poñen o seu grao de area para que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder sen problemas a eles. Ese exemplo de boas prácticas é o que se quere poñer en valor coa campaña MarínAccesible, unha serie de vídeos que se irán colgando nas redes sociais do Concello nos próximos días e que se levou a cabo en colaboración con membros da Asociación Polos Nosos Dereitos.

O primeiro dos vídeos será en Centrovisión Marín, un establecemento accesible que “mostra a súa sensibilidade coas persoas con mobilidade reducida”, tal e como se pode ver na peza que se subirá esta tarde ás redes.

Despois iranse subindo varios vídeos máis, “cos que queremos concienciar a toda á cidadanía, así como aos propios establecementos da vila, do importante que é poder adaptar as entradas e os espazos a persoas que precisan dunha cadeira de rodas para moverse”, explican fontes municipais.

Anterior O Concello conecta a rede de Acuaes co abastecemento de auga de Seixo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados