Marín solicitará a declaración do Enterro da Sardiña como Festa de Interese Turístico de Galicia

Marín solicitará a declaración do Enterro da Sardiña como Festa de Interese Turístico de Galicia

03 febreiro 2022

O Concello de Marín solicitará declar o Enterro da Sardiña como Festa de Interese Turístico de Galicia, a raíz da solicitude do Ateneo Santa Cecilia, a entidade cultural que se encarga da organización deste evento tan importante no Entroido de Marín.

A Lei de Turismo de Galicia é que se encarga de dar luz verde a estas declaracións, en función de, entre outros, a antigüidade, a singularidade e o arraigo que a festa ten na veciñanza do lugar, así como todas as actividades promocionais que se organizan en torno a ela.

De xeito concreto, a festa ten que ter máis de 20 anos, celebrándose periódicamente e en datas fácilmente determinables. Debe conter aspectos orixinais e de calidade que as singularicen respeto a outras similares que poidan ter lugar noutras localidades. Debe tamén contar cun carácter participativo da poboación local.

Por iso, desde o Concello “entendemos que o Enterro da Sardiña de Marín, organizado polo Ateneo Santa Cecilia, como asociación cultural que xa iniciou as actuacións necesarias para a tramitación do expediente de declaración de festa de interese turístico de Galicia, reúne as condición establecidas no Decreto autonómico para a súa declaración como tal”, explicou a alcaldesa, María Ramallo.

Polo tanto, o Concello solicitará á Xunta que lle dea saída a esta petición, que foi trasladada esta mañá en Comisión ao resto de grupos.

Anterior A fibra óptica chegará a 250 novas vivendas ao longo do 2022

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados