17 febreiro 2021
Este ano tiñamos ganas de poñer as máscaras de Entroido, pero tocou manter postas as sanitarias para seguir loitando contra a pandemia e manter a responsabilidade. Por iso, e ante a necesidade de celebrar o Entroido dun xeito telemático e familiar, o Concello convocou á veciñanza a participar no Concurso de Decoración de Mascarillas de Entroido.
Con dúas modalidades -infantil e adultos-, o xurado fixo a súa deliberación para establecer, en base a un máximo de puntos, os tres premiados de cada categoría, aos que se sumou o sorteo dun premio de 100 euros para cada unha.
O xurado estivo composto polas concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez, a representante do Ateneo Santa Cecilia, Isabel Martínez Epifanio; a representante de Os Da Caña, Analía Ignacio Villanueva; a representante de Amigos dos Rapaces, Vanessa Souto Casais e o representante de Trompos os Pés, Jose Luis Lago García.
O sorteo realizouse esta mañá nas instalacións do Concello de Marín, da man da alcaldesa, María Ramallo, e dunha técnico do corpo de funcionarios do Concello, que todos os anos se viste de viúva para celebrar -incluso nestas circunstancias- o famoso Enterro da Sardiña de Marín.
Desde o Concello, queren agradecer enormemente a toda a veciñanza a súa participación e destacan “a enorme orixinalidade que se puido ver en todas as propostas que recibimos, o que dá conta de que temos un pobo cheo de boas ideas e que saben sacar o lado bo e artístico a este Entroido telemático”.
Relación de premiados:
Categoría | Premio | Nome da máscara | Nome do premiado |
Infantil | 1º premio (200 euros) | O mundo contra o virus | Teo Rivas Amado |
Infantil | 2º premio (150 euros) | El búho guardián | Leo Campos González |
Infantil | 3º premio (100 euros) | A súper máscara contra a Covid | Pedro Aboal Meira |
Infantil | Sorteo (100 euros) | – | Uxía Guimeráns |
Adulto | 1º premio (300 euros) | La costurera | Sandra Meijueiro Fernández |
Adulto | 2º premio (200 euros) | Velorio con aforo | Cristina González Sotelo |
Adulto | 3º premio (100 euros) | A gatiña | Rebeca Juncal Rosales |
Adulto | Sorteo (100 euros) | – | Juan Antonio Martínez |
Ver esta publicación en Instagram