Marín reivindica o Día do Orgullo LGBTI+

Marín reivindica o Día do Orgullo LGBTI+

25 junio 2021
O luns celébrase o Día do Orgullo LGBTI+ e o Concello de Marín despregou este mediodía unha pancarta no balcón da Casa Consistorial para mostrar
a súa reivindicación e apoio, para abandeirar o respecto e a tolerancia, para fomentar o amor libre.

A alcaldesa, María Ramallo; as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira, e a directora do CIM, Marián Sánchez, quixeron visibilizar que “o
amor é diverso, libre e tolerante”, como reza a pancarta.

Tal e como se recolle no III Plan Estratéxico de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Marín (2017 – 2022), xestionado pola área de
Empoderamento, Participación Sociocomunitario e Diversidade, o Concello pon en marcha accións transversais dirixidas á sensibilización e
erradicación de calquera discriminación.

Anterior Frente común na Xunta de Portavoces para tratar de evitar o peche da oficina de Abanca en Seixo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados