Marín reivindica o amor diverso polo Día Internacional do Orgullo LGTB

Marín reivindica o amor diverso polo Día Internacional do Orgullo LGTB

27 xuño 2022

O Concello de Marín, a través do CIM, quere dar visibilidade ás diferentes identidades, sensibilidades e singularidades das persoas co obxectivo de camiñar cara a unha sociedade libre e igualitaria. Co lema “O amor é diverso, libre e tolerante”, como recoñecemento das diferencias, a diversidade e as maneiras de ser ou de actuar das persoas na convivencia social, o Concello programa as seguintes accións:

1.- Para conmemorar o 28 de xuño, Día internacional do Orgullo LGBT, data de carácter internacional declarada polas Nacións Unidas, colocaranse duas maquetas en cartón pedra, a modo der photocall para Instagram, no Palco da Música e na Finca de Briz. As persoas que queiran apoiar a campaña poden sacar unha foto co móbil para colgar no seu Instagram co hashtag oamorediverso.

2.- A creación dun espazo propio na Biblioteca Municipal Vidal Pazos denominado “Espazo Violeta: Lecturas para a Igualdade” no que se pretenden impulsar actuacións de promoción da igualdade e a eliminación da discriminación entre mulleres e homes e da violencia de xénero, dos estereotipos sexistas, dar pulo ás novas masculinidades e recoñecer textos nos que a diversidade se presente de maneira natural.

Estas lecturas coeducativas estarán clasificadas en tres grupos: primeiras lecturas, lecturas autónomas e lecturas expertas. Máis de 50 libros poderán ser lidos baixo o préstamo habitual da Biblioteca, cunha mirada crítica dende o punto de vista do xénero que permita ver as desigualdades e discriminacións entre mulleres e homes e así conseguir un mundo máis xusto, libre e igualitario.

Esta acción está financiada con Fondos do Pacto do Estado en materia de Violencia de Xénero outorgados ao Concello de Marín no ano 2021.

Anterior O Concello habilita un novo aparcadoiro público gratuito no centro urbano con capacidade para 50 prazas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados