Marín recibe 20.000 euros para seguir impulsando programas para erradicar a violencia de xénero
Violencia de xénero

Marín recibe 20.000 euros para seguir impulsando programas para erradicar a violencia de xénero

Trátase da subvención que o Ministerio de Igualdade aporta ás entidades locais para facer actividades e iniciativas que axuden a loitar contra esta lacra social a través do CIM

Marín, 21 agosto 2024

O Concello de Marín recibirá do Ministerio de Igualdade unha dotación de 20.000 euros para seguir desenvolvendo proxectos e actividades que axuden a condear e erradicar finalmente o violencia machista, cumprindo así o Pacto de Estado vixente nesta materia.

Esta subvención, que xestiona o Centro de Información á Muller, permite sacar adiante iniciativas nas que concienciar e poñer o foco sobre unha lacra social que aínda a día de hoxe segue presente, cobrándose vidas de mulleres en todo o noso país.

Desde o CIM de Marín destacan ao longo de todo o ano a necesidade dunha implicación total da sociedade na repulsa sen fisuras da violencia machista e traballan codo con codo co resto de adminsitracións e entidades implicadas na xestión dos casos de violencia de xénero para que se cumpran estritamente todos os protocolos precisos de asistencia ás vítimas.

Esta subvención permitirá sufragar programas que se desenvolver entre o 1 de xullo de 2024 e o 30 de xuño de 2025.

Anterior Festa Corsaria de Marín: horarios e programa da maior invasión corsaria das Rías Baixas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados