Marín quenta motores para a Festa Corsaria coa apertura do prazo para solicitar a instalación de mesas

Marín quenta motores para a Festa Corsaria coa apertura do prazo para solicitar a instalación de mesas

A Festa Corsaria é xa desde hai anos unha data referente no calendario festivo de Marín e de toda a provincia. A historia e a figura de Gago de Mendoza e dos seus corsarios servirá de novo de fío conductor para a diversión que se espera vivir o próximo 19 de agosto, día de celebración da festa. Así a todo, xa desde o día anterior haberá ambiente corsario coa apertura do mercadiño. 

A alcaldesa María Ramallo e a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, presentaron esta mañá o cartel desta nova edición e adiantaron cando se abrirá o prazo para poder solicitar a instalación de mesas na rúa: o próximo mércores, 26 de xullo. Estará aberto ata o 11 de agosto. 

“Tal e como fixemos noutros anos, respetaranse os espazos que ocupou xente tradicionalmente coas súas mesas, pero temos espazo de sobra e poden solicitarse as que se queiran”, explicou a concelleira, que engadiu que o obxectivo da festa ano a no é “seguir crecendo, consolidarse e aportar cada ano algo novo e distinto para que as persoas que repiten desfruten sempre dalgo máis”. 

Precisamente nesa liña, Sanmartín adiantou que “temos varias novidades preparadas, entre elas unha nova ubicación para o espectáculo nocturno, de xeito que poida verse con máis comodidade”. A concelleira explicou tamén que máis cerca da data desveralase o programa completo e daranse máis detalles.

A celebración desta festa, que xa é unha data imperdible no calendario festivo da localidade, faise grazas á financiación da Deputación de Pontevedra, a través dunha subvención.

Anterior A piscina municipal será obxecto de obras de mellora

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados