Marín procura familias que queiran participar no Programa Convive Comigo

Marín procura familias que queiran participar no Programa Convive Comigo

16 febreiro 2021

A Asociación Arela e a Xunta de Galicia levan a cabo o Programa CONVIVE.COMigo, un proceso de capacitación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida xudicial que consista na convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, reuniuse telemáticamente esta mañá cunha técnica da asociación Arela, co obxectivo de conseguir que o Concello axude na medida das súas posibilidades a visibilizar esta necesidade e conseguir así un banco de persoas o familias que abarquen todo o noso territorio.

A través deste programa búscanse familias e persoas cunha alta sensibilidade cara a adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades. Un ambiente socializador e positivo permitiralles ás/aos adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.

Os requisitos para forman parte deste programa son os seguintes: ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de paternidade…

 

Á súa vez, valorase positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico .

 

Arela ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40 euros diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa.

 

Dende a Páxina web de Arela (www.arela.org) pódese consultar máis información sobre este programa, así como dende o seu teléfono da súa sede central, 986 21 25 37 ou a través do correo electrónico convive@arela.org

 

 

 

 

 

Anterior A atención psicolóxica e o asesoramento xurídico e dixital marcan o traballo do CIM

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados