13 outubro 2022
A integridade das infraestruturas viarias en todo o termo municipal, pero especialmente no rural, é unha prioridade para o Goberno local, que considera esencial poder ofrecer servizos de comunicación vertebrados entre todos os núcleos de poboación.
Nese sentido, ano a ano adxudícase o Plan de Pavimentación de Camiños Rurais, que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, e que actuará en máis de 3.000 metros de camiños de titularidade municipal, cunha inversión superior aos 250.200 euros.
Este paquete englobará a mellora do pavimento nos seguintes camiños:
● O Carregal, Pena e Caeiro, na parroquia de San Xulián
● O Cruceiro do Vento, na parroquia de Mogor
● Castro e A Brea-O Barrio, na parroquia de Seixo
● Ameal-Oubiña e Sobreiras, na parroquia do Campo
● O Pereiro e O Pozo, na parroquia de Santomé de Piñeiro
● Loira e Saíde, na parroquia de Ardán
É dicir, un total de 12 camiños rurais que verán rehabilitado o seu firme, mellorando a seguridade viaria da veciñanza que, en moitos casos, ten nestes camiños a única vía de acceso ás súas vivendas e parcelas privadas.
“Con esta inversión”, explicou o edil, “seguimos mellorando o noso rural, apostando por el e planificando a súa mellora paulatina, para que poidamos ofrecer os mesmos servizos, coa mesma garantía e calidade, nas parroquias de Marín que no casco urbano”.