Marín prepárase para conmemorar a semana do 25N e berrar NON contra a violencia machista

Marín prepárase para conmemorar a semana do 25N e berrar NON contra a violencia machista

Marín, 20 novembro 2021

 O Concello de Marín, a través do CIM, prepara xa a semana na que visibilizar a violencia machista e a lacra social que supón é a prioridade. A partir do luns, poderá visitar no vestíbulo do Concello a exposición sobre os 15 anos do Consello Municipal da Muller, na que se repasa a traxectoria do organismo municipal, que traballa en prol da igualdade e que realizar un labor importante, co obxectivo futuro de abrirse máis á cidadanía.

O acto institucional será o 25N ás 12.30 horas no Salón de Plenos, coa lectura da declaración institucional aprobado en Pleno e a entrega do premio ao colectivo de mulleres maiores. A homenaxe apoiarase na Residencia da Terceira Idade de Marín.

O mesmo día do acto institucional proxectarase a testemuña real da violencia exercida sobre as mulleres maiores, realizada en formato audiovisual polo Concello. Servirá para dar voz á realidade que sofren moitas mulleres maiores, en relacións de parella abusivas cronificadas no tempo

Anterior Adxudicada a obra para a instalación do novo colector entre Pastoriza e Picotes

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados