Marín pon o foco no crecemento empresarial

Marín pon o foco no crecemento empresarial

A actividade empresarial en Marín e a súa evolución é un dos eixos nos que o Goberno local traballa para poder facer da nosa vila un espazo atractivo a nivel laboral e de desenvolvemento económico.

Por iso, este traballo moitas veces faise creando unha importante sinerxia co Porto de Marín, “o noso gran motor económico”, explican fontes municipais. E é que así o demostran os datos que se manexan. Durante o último Pleno da Corporación, o concelleiro de Facenda, Manuel Santos, detallou que nos 800.000 metros cadrados que ocupa o espazo portuario, desenvolven a súa actividade máis de 100 empresas.

Estas firmas que operan no recinto portuario conseguen xerar un impacto de 13.000 empregos, entre directos, indirectos e inducidos, o que supón o 4,3% do emprego de toda a provincia. “Non valoramos abondo o que temos no noso Porto”, asegurou o concelleiro, ante a realidade da pulsión económica e social que cupón contar cunha rada que é de interese xeral do Estado.

Pero é que a maiores en Marín vense incrementado tamén o número de empresas que se abren ou de persoas que inician a súa actividade profesional. Segundo os datos do INE, no 2021 rexistráronse 1.270 empresas.

Agora, coa vista posta en fomentar ese crecemento económico, o Pleno aprobou contactar con Zona Franca para firmar un convenio co que elaborar un estudo técnico no que fixar as liñas mestras que poden axudar á nosa vila a seguir mellorando en crecemento empresarial, diversificando a economía e fomentando unha maior empregabilidade en sectores de todo tipo.

Anterior Aprobados os pregos para a concesión do local de restauración do Paseo Alcalde Blanco

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados