Marín, mil plans turísticos sostibles e culturais para a Semana Santa

Marín, mil plans turísticos sostibles e culturais para a Semana Santa

A Semana Santa é unha época turística moi boa para desfrutar de destinos de proximidade, como é a nosa vila, onde xa non só as praias, senón tamén os roteiros naturais e a cultura e o patrimonio conforman unha serie de ideas boísimas que aproveitar.

Para os amantes do sendeirismo, nada mellor que gozar das rutas do programa municipal Marín a Pé, que poden consultarse tanto na web do Concello como a través da conta sendeirismomarin de Wikilok.

A beleza e calidade ambiental dos roteiros da nosa vila vese reforzado polo distintivo que teñen tres destas rutas como Sendeiros Azuis de Marín (a das praias, a dos 5 miradoiros e a de montes e praias).

1.- Ruta dos 5 Miradoiros: un traxecto que supón a descuberta dos grandes miradoiros do noso municipio, cambiando a perspectiva desde a que coñecer Marín. Ten unha dificultade media, unha lonxitude de 7 quilómetros e un tempo estimado de realización de 3 horas.

2.- Roteiro das Praias: toda a costa de Marín nunha única ruta, desde Portocelo até o Santo, con lugares únicos que son recoñecidos con distintivos ambientais como a Bandeira Azul. O nivel de dificultade é medio e supón unha ruta perfecta para realizar con toda a familia. A súa lonxitude é de 8 quilómetros e un tempo estimado de realización de 2 horas.

3.- Roteiro dos Montes e Praias: definida como a gran ruta de Marín, permite a aqueles que a fan descubrir todo o patrimonio escondido entre os montes da nosa vila: muíños, mámoas, menhires… A isto súmanselle unhas vistas únicas da ría desde as alturas. A dificultade é media-alta e supón algo máis de esforzo por parte do sendeirista.

4.- Roteiro do Monte Penizas: percorrido lineal ata o cumio do Monte Penizas, pasando polas trincheiras da Escola Naval e puidendo ampliar ata Santomé de Piñeiro.

5.- Roteiro de Subida ao Lago: o lago de Castiñeiras, un dos pulmóns verdes de Marín, agarda ao sendeirista ao final da ruta en ascensión polo río Lameira.

Se se quere desfrutar de espazos verdes dun xeito máis tranquilo e sen ter apenas que desprazarse, o lugar de referencia é a Finca de Briz, un espazo espectacular para visitar en familia Marín tamén ofrece espazos inigualables no seu casco urbán.

Este espazo, que se atopa no medio da vila, está especialmente pensado para o goce familiar, con xogos de auga e de lecer para nenos e nenas. Ademais, as figuras que se poden atopar espalladas por todo o parque dan aínda máis realce ao espazo: unha xirafa enorme, lapis de colores, unas notas de música, unha ra, unha fada… Por estas cousas, a Finca tamén recibe o nome de Parque dos Sentidos.

O CIP de Mogor, reaberto

Por outra banda, o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor en Semana Santa reabre e retoma as visitas guiadas.

Poderá visitarse todos os días do sábado 9 ao domingo 17 de abril, en horario de
11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas, con visitas guiadas de 30 minutos ás 12.30 e
19.00 horas.

Museo Municipal Manuel Torres

Ademais, no Museo Torres, que vén de ser renovado, poderá verse parte da obra do artista de Marín que lle dá nome e tamén a exposición de Xaquín Soneira, artista marinense do ano 2022.

Anterior O Concello reúnese coas asociacións culturais para coordinar e apoiar a súa programación dos vindeiros meses

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados