Marín invertirá 40.000 euros para poñer a punto todos os parques infantís do municipio con desperfectos

Marín invertirá 40.000 euros para poñer a punto todos os parques infantís do municipio con desperfectos

21 marzo 2022

A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, informou esta mañá da inversión que ten previsto realizar o Concello ao longo dos próximos meses para a reparación e mellora dos parques infantís.

En total, investiranse 40.000 euros na mano de obra e na adquisición de materiais para a súa reposición nos elementos dañados dos seguintes parques:

● Alameda de Marín
● Zona deportiva da Praza de España
● Parque infantil de Cantodarea
● Parque infantil da Cañota
● Parque infantil do Lameira
● Parque infantil do Parque Eguren
● Parque infantil da Virxe do Carme
● Parque infantil de San Pedro
● Parque infantil da Alameda de Seixo
● Parque infantil da Praia de Loira
● Parque infantil e biosaudables de Vilaseca-Ardán
● Parque infantil do Campo
● Parque infantil de Briz
● Parque infantil e biosaludables de San Xulián
● Parque infantil de Pardavila
● Parque infantil de Miñán
● Parque infantil de Pastoriza

No caso do parque da Alameda, os traballos comezarán de xeito inminente esta semana, xa que é “un dos máis utilizados da nosa vila, pola súa céntrica ubicación e polo grande que é”. Despois, seguirase actuando en función das necesidades de cada parque, para priorizar aqueles que máis precisan da intervención.

Debido ao intenso uso que se fai deste área recreativa, hai un grao de desgaste nalgúns elementos que debe corrixirse. Na memoria elaborada pola empresa que se encargará de levar a cabo o mantenento, recóllense todos os desperfectos atopados, que se irán solventando para garantir a seguridade dos nenos e nenas que diariamente os utilizan. Tamén se corrixirán algúns defectos do céspede artificial e do caucho.

Por outra banda, “nalgúns do rural, como o de Pardavila ou o de San Xulián, que aínda que están en terreo das comunidades de montes, o Concello encárgase do seu mantemento, xa se realizaron algúns labores”, adiantou a edil.

Anterior O Concello impulsa un proxecto para poñer en valor o CIP de Mogor e a súa contorna cunha inversión de 32.442 €

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados