Marín inicia a posta a punto dos areais de cara á primavera e ao verán

Marín inicia a posta a punto dos areais de cara á primavera e ao verán

10 marzo 2021

A tempada estival comeza estar máis cerca e con ela a afluencia ás zonas de costa da nosa vila. As praias que bordean o noso litoral precisan, como todos os anos, dunha posta a punto e da realización de labores de mantemento que permitan que o seu estado sexa óptimo de cara á primavera e ao verán.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, informou esta mañá de que xa se iniciaron estes traballos por parte dos operarios da Fundación Juan XXIII, que son os que se encargarán de acometer esta actuación, apostando pola inclusividade no emprego.

Actuarase en todas as praias do municipio (Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, Ribeira, Santo, Coviña e na zona alta de Lapamán). A acción consistirá, sobre todo, no desbroce dos accesos e dos distintos sendeiros que colindan cos areais, así como o chorreo de elementos como muros, rampas, escaleiras, beirarrúas…

En todos os areais, ademais, realizarase unha limpeza xeral e, nas que é preciso, unha retirada de area dos espazos anexos.

Os traballos suporán unha inversión de cerca de 5.500 euros.

 

Anterior O EEIA de Marín acollerá unha charla online sobre seguridade alimentaria en pequenos negocios

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados