Marín envía a Costas a información necesaria para avaliar ambientalmente o proxecto das piscinas

Marín envía a Costas a información necesaria para avaliar ambientalmente o proxecto das piscinas

O Concello segue avanzando para poder facer realidade un dos proxectos punteiros en recuperación de espazo e de unión co mar a nivel turístico e de desfrute da cidadanía: a creación dunhas piscinas naturais de agua salgada xunto ao Paseo Alcalde Blanco.

Para iso, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, informou onte de que se lle remitiu a Costas do Estado toda a documentación requerida para que realice informe no que se demostra a compatibilidade da actuación que se quere levar a cabo na dársena e na lámina de auga cos obxectivos ambientais que este departamento estatal ten definidos na súa estratexia marina.

Tal e como se pode ler nesta documentación, para levar a cabo actuacións en zonas de sensibilidade ambiental como é a nosa ría, “é preciso que se leve adiante un informe no que se faga unha análise específica en relación aos valores protexidos que se atopan nestes espacios”, demostrando que a realización da actuación é compatible coa súa conservación.

Os técnicos, despois de estudar a dársena na que se actuará para habilitar as piscinas, afirman na documentación presentada que na propia zona de actuación non existe un espazo marino natural cunha especial relevancia de protección, que conleva a imposibilidade de actuar sobre a mesma..

Agora, expresou a alcaldesa, “estamos á espera de que Costas informe favorablemente. A partir de entón, xa estaríamos en disposición de iniciar o proceso de licitación”.

Anterior O Concello aproba incialmente o Orzamento municipal para 2023

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados