Marín en Rede cumpre un ano con máis 200 establecementos adheridos e proxectos de formación en marcha

Marín en Rede cumpre un ano con máis 200 establecementos adheridos e proxectos de formación en marcha

01 maio 2021
En pleno confinamento, o Concello de Marín iniciou os traballos precisos para axudar á economía
local, afectada pola pandemia e as súas restricións. Habilitáronse axiudas económicas e de exención e bonificación impositiva desde o inicio e, paralalemente, traballouse nun proxecto co obxectivo de “impulsar medidas e actuacións para promover a economía local, o empreso, a creación de empresas e a reinserción de persoas desempregadas”.

Con esa intención a longo prazo e coa finalidade de mellorar a competitividade, a dixitalización e visibilidade de comercio, hostalaría e outros negocios, naceu Marín en Rede, unha plataforma online lanzada no mes de maio de 2020 e que desde aquela xa conta con máis de 200 establecementos adheridos.

A súa posta en marcha supuxo unha inversión de 110.000 euros, cofinanciados a través de Marín Dusi co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. “Queremos apoiar o emprendemento, o emprego e apostar pola diversificación económica, pero tamén cremos necesario que a nosa economía local gane en competitividade, especialmente no mundo dixital”, asegurou a alcaldesa, María Ramallo.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, o comercio concentra o 33,8% das empresas de Marín e a hostelería algo máis do 9,5%, sen ter en conta ao sector primario e á administración pública. Isto sitúaos como a primeira e a terceira actividade económica do municipio, respectivamente.

Desde Marín en Rede, creáronse fichas multimedia interactivas de cada negocio, creando un “escaparate virtual” que lles permite estar englobados baixo unha mesma marca potente, que favorece a súa visibiñlidade e a súa promoción tanto entre os marinenses como entre clientes potenciais doutros territorios.

Nesa liña, as redes sociais son unha importante axuda. Nelas, desenvólvese a iniciativa #PonllesCara, que permite coñecer en primeira persoa aos responsables dos establecementos de Marín en Rede, para achegalos máis ao consumidor e para dar azos ao resto do sector para saír desta situación tan complexa.

Ademais, a través de Marín en Rede tamén se realizaron dous vídeos de promoción en apoio do noso, un cerca do final do primeiro confinamento e outro en Nadal, #EmbaixadoresDoNoso, no que se contou coa participación de persoas de distintos ámbitos e sectores que levan a marca Marín alén das nosas fronteiras.

Ademais, impulsáronse campañas como a da primavera, que deixou un impacto de 32.000 euros segundo os tickets de compra canxeados ou a das tarxetas regalo do Nadal, que supuxo un impacto de 82.000 euros para a economía local.

Neste momento, está a desenvolverse un curso de dixitalización da man de Natalia Maquieira, experta en redes sociais, creación de contido e xestión de imaxe dixital, organizado por APE Galicia e financiado polo Concello e do que se están a beneficiar case 30 negocios de Marín.

Precisamente, nesa liña preténdese seguir traballando, na da formación, co programa Reactiva Marín, do que se están a pechar os detalles de cara á súa futura posta en marcha.

Relación de negocios adheridos a Marín en Rede por categorías
Alimentación 12
Deporte 2
Electrónica 3
Hogar, electrodomésticos e decoración 11
Mascotas 1
Moda e textil 29
Ópticas 3
Outros 41
Prazas de Abastos 16
Prensa, papelaría e xoguetes 6
Saúde e beleza 22
Xoiarías 6
Hostalaría 45
Artesanía 4
TOTAL 201

Anterior Pintada e colocadas as sinais da ZONA 2H GRATUITA, que entrará en vigor o luns

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados