Marín emprende o novo mandato coa próxima aprobación da Axenda Urbana, un documento estratéxico para o crecemento futuro da vila

Marín emprende o novo mandato coa próxima aprobación da Axenda Urbana, un documento estratéxico para o crecemento futuro da vila

A Axenda Urbana de Marín é un dos documentos máis importantes nos que se leva traballando os últimos catro anos desde o Goberno local, coa vista posta no crecemento futuro da vila e nas liñas estratéxicas a seguir para convertir a Marín nun territorio moderno, punteiro e centrado na mellora da calidade de vida das persoas.

Tal e como explicou a rexedora María Ramallo, “o documento, que xa está finalmente elaborado despois da análise realizada pola consultora e as aportacións do proceso de participación cidadá que levamos adiante, pasou agora polas mans dos servizos técnicos do Concello, que fixeron as súas aportacións tamén e emitiron informes de calado para que a Axenda Urbana sexa o máis atractiva e útil posible de cara á súa aplicación no futuro”.

Despois deste proceso, o documento será levado a Pleno ao longo dos próximos meses para a súa aprobación definitiva. “Contar con este traballo feito, cunha

Axenda Urbana desenvolta e adaptada á nosa realidade é, ademais dunha gran ferramenta de progreso, un requisito indispensable para poder optar a novas convocatorias de fondos europeos, que xa demostramos que sabemos xestionar, como no caso dos Fondos FEDER do Marín Dusi ou dos Next Generation do Plan de Sostibilidade Turística”, explicou Ramallo.

A Axenda Urbana define proxectos concretos para Marín en base a cinco bloques fundamentais:  rexeneración  urbana,  territorio  e  medio  ambiente,  mobilidade sostible, turismo, economía e innovación dixital, e cohesión social.

Anterior O vial que une Lapamán coa Coviña e Casás pasará a ser de dirección única

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados