Marín crece en 163 habitantes: un dato esperanzador nunha situación complexa

Marín crece en 163 habitantes: un dato esperanzador nunha situación complexa

O Instituto Nacional de Estadística comunicou formalmente ao Concello o dato do Padrón municipal a 1 de xaneiro de 2023, un dato esperanzador para Marín, que rexistra 24.197 habitantes, o que supón un aumento de 163 habitantes con respecto ao 2022.

“Trátase dun dato positivo, non cabe dúbida”, explicou a rexedora, María Ramallo. “En Marín, tratamos de traballar día a día para ofrecer mellores servizos e ser a mellor opción na que asentarse e desenvolver un proxecto de vida”, engadiu. De feito, ao longo de xaneiro, impulsarase unha campaña de fomento do empadroamento “na que xa estamos traballando e que tivo a súa primeira fase na facilitación da tramitación, que agora pódese facer facilmente a través da sede electrónica municipal”.

Aínda así, Ramallo recalca que esto non é “nin moito menos” un motivo de celebración. “É un bo dato, piñero sabemos cal é a tendencia demográfica tanto de Marín, como de Galicia e de toda España. Temos un problema coa natalidade que debemos atallar, sen perder a vista de que existe aínda que consigamos novas altas no padrón”.

Para  mostra  desta  cuestión,  un  dato:  en  Marín  naceron  no  2011,  220  nenos, namentres que no 2022 só naceron 141. Ramallo explica que “esta realidade non é allea a ningún concello nin autonomía, pero seguiremos traballando así a todo

por atraer poboación e que sexa en Marín no lugar no que vexan o mellor sitio no que calquera persoa poida desenvolver o seu futuro”.

Anterior Arranca o Obradoiro Dual de Emprego con 20 participantes

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados