Marín contratará a segunda fase do proxecto de dixitalización das súas fontes documentais

Marín contratará a segunda fase do proxecto de dixitalización das súas fontes documentais

22 novembro 2021

A dixitalización do noso patrimonio bucrocrático e cultural é unha necesidade que teñen que levar a cabo as institucións públicas para salvagardar toda a documentación de interese pública xerada ao longo das últimas décadas.

Nesta liña, o Concello de Marín xa leva realizado accións para catalogar dixitalmente parte do seu arquivo, á vez que se melloraba a súa conservación física, renovando caixas e encadernacións gastadas por mor do paso do tempo.

Agora, é preciso continuar cunha segunda fase, coa que se prenteden conservar 163.500 imaxes, comprendidas en 364 volumes, correspondentes a fontes documentais, bibliográficas e cartográficas, que conten con información de interese para os cidadáns do concello e para a investigación histórica e documental.

A Xunta de Goberno local aprobou recentemente o inicio do expediente de contratación desta segunda fase, na que se investirán 90.000 euros con cargo a unha subvención da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Ademais, deste xeito o contido poderá ser consultado e difundido a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, un programa cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

 

Anterior As Blanco Freijeiro arrancan a súa edición máis especial, poñendo en valor o patrimonio e a arqueoloxíaAs Blanco Freijeiro arrancan a súa edición máis especial, poñendo en valor o patrimonio e a arqueoloxía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados