O Concello de Marín foi beneficiario dunha axuda por importe de 7.000,00 € por parte da Deputación Provincial para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ó público en oficinas de turismo INFO RÍAS BAIXAS, durante os meses de verán do ano 2023.
A empresa adxudicataria do servizo realizou tarefas como
• Información e orientación sobre a oferta, recursos e actividades turísticas de Marín.
• Facilitar material informativo sobre os servizos e recursos turísticos.
• Recepción e atención de solicitudes de información.
• Recollida e tratamento de información acerca da demanda.
• Elaboración de estadísticas para a intranet da Rede INFO RiasBaixas.
• Atención de correo electrónico e teléfono.
• Atención de queixas, reclamacións e suxerencias.
• Apoio ao cumprimento dos estándares de calidade.
• Promoción do destino.
• Manexo, distribución e control de material promocional, folletos e documentación
turísticas.
• Tarefas administrativas, informes, estadísticas ou cadros de uso interno de calidade do servizo ou de atención ao público e información turística que fosen requeridas.