Marín contará este ano cun ciclo de cine de verán

Marín contará este ano cun ciclo de cine de verán

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e o responsable da empresa Prixma, acordaron recentemente a creación dun ciclo de cine de verán no Concello de Marín, no que se proxectarán os próximos días 7, 22 e 29 de agosto, tres películas ao aire libre no Parque Eguren.

A actividade será totalmente gratuíta e non será preciso sacar entrada para os visionados das películas, ás que poderán asistir as cerca de 400 persoas que supoñen o aforo máximo do Parque Eguren, segundo as medidas de seguridade marcadas pola nova normalidade.

Ademais, haberá unha actuación musical coa reprodución de diferentes bandas sonoras en directo, englobado dentro deste ciclo.

Estas actividades contarán con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias para a súa realización.

A creación deste ciclo de cine está dentro das actividades culturais promovidas polo Concello de Marín dentro do seu plan de dinamización cultural, que axude tamén á reactivación da economía local, golpeada pola crise da Covid19.

Buscase fomentar un ocio de formato pequeno e dentro da vila e que se poida levar a cabo dunha maneira o máis segura posible.

Anterior O Concello habilita unha ferramenta para expedir certificados electrónicos á cidadanía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados