Marín actualizará o seu Inventario de Bens e Dereitos para incluir cesións e regularizar camiños municipais

Marín actualizará o seu Inventario de Bens e Dereitos para incluir cesións e regularizar camiños municipais

O Concello de Marín leva nos últimos meses preparando unha rectificación do inventario de bens e dereitos municipais, que será levada este xoves á sesión plenaria que se celebrará ás 20.00 horas no Consistorio.

Tal e como explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, na comisión informativa, trátase dunha “modificación ordinaria, que serve para incluir camiños que no seu día non estaban, xa que non se tiveron en conta ou estaban recollidos de xeito incompleto, ou, pola contra, excluir outros”.

Ademais, tamén se incluirán cesións de viais que agora son de titularidade municipal, como ocorreu por exemplo coa humanización de Concepción Arenal, onde a obra supuxo ese cambio de titularidade, pasando de ser da Xunta a ser do Concello, e tamén revalorizou o vial, “polo que é preciso actualizar estas cuestións no inventario municipal”, engadiu o edil. Asemade, incluíronse as minas de auga de abastecemento que foron detectadas nestes anos e que tampouco figuraban no documento orixinal.

Nesta rectificación recolleranse as alegacións que a veciñanza foi realizando ao longo destes anos, das cales 18 foron estimadas e 7 desestimadas polos servizos técnicos municipais.

Unha vez realizado este proceso, cífrase a rectificación en algo máis de 1.307.000 euros, polo que o total do valor do Inventario unha vez o Pleno dé luz verde ao documento pasará a ser de 71.331.398 euros.

Anterior Os campamentos de conciliación de verán, un éxito absoluto que duplica a asistencia de nenos e nenas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados